facebook   tuiter   academia util   slideshare    
galego
escola conselleria de educacion
inicio escola acceso ESTUDOS prácticas erasmus profesión Actividades e Servizos

v

 

 

 

 

Quen somos

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial superior dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e o único nesta comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario.

É o segundo centro máis antigo de España na formación en conservación e restauración. A creación da ESCRBCG data de 1991 co Decreto 352/1991 de 17 de outubro (DOG do 24 outubro) e nela son impartidas as especialidades de conservación e restauración de arqueoloxía, escultura e pintura.

A escola non só pretende impartir un ensino de calidade, senón abrir as portas do mercado profesional ao alumnado mediante prácticas de traballo, sempre coa maior amplitude xeográfica posible. Así mesmo ambiciona constituír un referente nas disciplinas da conservación, tanto a nivel docente como investigador. En última instancia, en tanto que profesionais vinculados ao Patrimonio Cultural, persegue a súa promoción, defensa e recoñecemento.

r/Xeneral Martitegui s/n, 36002 Pontevedra - 886 15 97 35; Fax: 886 15 97 43; escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es