facebook   tuiter   academia util   slideshare
galego as
escola conselleria de educacion
inicio escola acceso ESTUDOS prácticas erasmus profesión Actividades e Servizos blog

v

 

 

 

 

Prácticas en empresas e museos

A ESCRBCG ofrece aos seus alumnos a posibilidade de realizar prácticas profesionalizantes en empresas, museos e outras entidades vinculadas ao patrimonio cultural, non só en Galicia senón tamén en España e no estranxeiro.

Para tal fin, a ESCRBCG asinou convenios de colaboración con gran número de institucións e empresas que facilitan a realización de prácticas formativas nos seus laboratorios e centros de traballo. Esas experiencias resultan enormemente enriquecedoras para o alumnado e con relativa frecuencia derivan en contratos de traballo.

Existen dous tipos de prácticas externas:

- CURRICULARES: de carácter obrigatorio, pois supoñen un requisito indispensable para a obtención do título.ss Teñen unha carga de 6 créditos  ECTS.
- NON CURRICULARES: de carácter voluntario
            - Prácticas en museos, cunha duración aproximada de 3 meses, realizadas ao finalizar os estudos.
            - Prácticas en empresas, desenvolvidas durante as vacacións de verán en cooperación con empresas do sector.

Estas prácticas externas pódense realizar a través do programa Erasmus Prácticas.

r/Xeneral Martitegui s/n, 36002 Pontevedra - 986 861 251; Fax: 986 861 272; escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es